quarta-feira, março 19, 2008

quen é Breogan


Breogán era o xefe dunha briga, ou comunidade que vive nun castro. Foi moi coñecido porque fixo construír unha torre moi grande nunha illa (algúns o atribúen A Cruña e outros a Betanzos). No cumio da torre facíase lume, que servía de faro pros navegantes fenicios.
Un día de outono, deses que o vento limpa o aire levándose lonxe a néboa e as nubes, o fillo de Breogán, Ith, subiu enriba de todo pra outear o horizonte. Alá lonxe, lonxe, onde acaba o mar, pareceulle ver unha terra verde como a nosa. A súa sangue celta comezou a rebulir no seu corpo, e foi correndo onda seu pai a preguntarlle se podía ir a explorar aquel territorio. Breogán consentiu, porén, pareceulle necesario que ata chegar ata alá, non baixase do seu cabalo.
Esa terra, era Irlanda, e esta historia, explica como a cultura celta se espallou ata aquelas terras que comparten con nós as gaitas, os torques, os castros e moito máis.

o que si me pregunto é... ¿alguén me pode explicar como fixo Ith para chegar a Irlanda sen baixar do cabalo?

que non é que non mo crea...

Sem comentários:

SOIO CHUCK

As bágoas de Chuck Norris curan o cancro. É unha mágoa que non chorara nunca.

Chuck Norris pode gañar o xogo Conecta 4 en soio 3 mobementos.

Os dinosaurios miraron mal a Chuck Norris unha vez. UNHA VEZ.

Chuck Norris contou ata o infinito… dúas veces.

Chuck Norris morreu fai dez anos, soio que A Morte non foi quen de dicirllo.

A principal exportación de Chuck Norris é a dor.

Se lle preguntas a Chuck Norris que hora é, sempre responde “Faltan dous segundos”. Despois de preguntarlle “¿Dous segundos pra que?”, pégache unha patada xiratoria na faciana.

Chuck Norris pode pechar dun golpe unha porta xiratoria.

Chuck Norris pode dividir entre cero.

Chuck Norris pode queimar unha formiga cunha lupa... de noite.

Chuck Norris comeu unha vez unha tarta enteira antes de que os seus amigos lle poideran dicir que había unha bailarina dentro.