A ver, comecemos por onde toca. Cantas pelis de medo vin eu na miña vida? Lémbrome bem de El Exorcista, de Carry, e de el Resplandor. Iso, dende que nacín até a campaña Hermesione (no Hespérides, este septembro). Quizabes algunha mais por aí solta, pero da que non me lembro, e polo tanto, deduzo que non pasei muito medo. E agora sí, xa postos en situación direivos que se estás nun barco, e todo o mundo está vendo unha peli de conspiracións e ti chegas tarde a sala, non tes nada que facer. Intenteino, pero non habia maneira. O mesmo lle ocorreu a Jaume e Sergi, que coma mín, trataban de reenganchar o fio argumental. Os tres perdidos decidimos ir o camarote de Jaume e alí, ver unha peli. Por algunha razón descoñecida, decidimos ver REC. Xúrovos que tres persoas nun camarote oscuro, co mar batendo, e o barco cruxindo, xa de por sí, da medo. Vamos, que nos cagamos. Que medo pasamos, mi madriña!
E eses momentos de terror, vívimolo nó-los tres. Ninguén mais do barco. E dalgún xeito creou un estrano e terrorífico vínculo entre nós. O sair do barco, o primeiro día de traballo, un cartaz enorme anunciaba no metro [REC]2, ¿te atreves a volver? Vaia, pensei, voltar a onde?, a ese endiañado edificio da Rambla Catalunya? ou a ese oscuro camarote do Hespérides?
Os tres caganés decidiron voltar, e onte, foi o día. O único cine onde aínda a botaban estaba en Hospitalet (nin sequera tiña desconto o meu carnet das bibliotecas de Barcelona). As 22.30 estabamos sentados nunha desas salas xigantes, e ollo, somentes dúas personas mais (sentadas o fundo de todo) nos acompañaban na sala.
Pasamos medo, e iso que pasei os últimos 25 minutos da película mirando a través do punto da miña bufanda...
Pero agora xa é de día, e xa non teño medo, aínda que o diaño ande solto por Barcelona adiante.
Recoméndovo-las, aínda que se non tendes camarote, non será o mesmo.
sexta-feira, novembro 13, 2009
terça-feira, novembro 03, 2009
dia ventoso en Barcelona
Vento. Aire en movemento.
Unha soga que serve para amarrar a fiestra do despacho quedou onte colgada do lado de fora. Móvese coma un péndulo endiañado, dando conta dos datos que chegan dende o centro de meteoroloxía da facultade de física: rachas de 90 km/h.
O vento sempre leva todo, e deixa o ceo limpo, nítido, impecábel. Adóroo.
“amarrado un momento a la cola del viento me siento mejor, me olvidé de poner en el suelo los pies y me siento mejor”. [Dulce introducción al caos. Extremoduro]
Pero tamén remove o chan, o pó, e tudo cambia de sitio. O que sempre estivo alí, agora está acolá, bem a vista. E pola contra, un mundo de cousas aparecen (desaparecen) agora tapadas pola terra, [sí, debaixo do duro asfalto desta cidade hai moita terra, e coas obras pódela ver, e deste xeito sentir que a natureza aínda vibra tra-las paredes do metro].
O venres, o sair do despacho, levaba conmigo unha pezas de roupa que facía moito tempo tiña pensado tirar no contenedor que hai aquí no campus. Resultou que por mor das obras, o contenedor non estaba. Por non voltar atrás, deixei a bolsa bem ficada, aberta, coa roupa dobradiña por se alguén quería coller algo.
Esta mañá, mentres Paul Simon me cantaba ó oido, moi cerca da facultade, os meus pes tropezaron cun xersei, un suadoiro e un vaqueiro. Todos eles bem coñecidos por mín, pese a estaren cubertos de terra. Collinos. Obviamente eu era a responsábel do acontecido. Irresponsábel, millor. O vento quixo poñelos xustamente no meu camiño.
Están aquí o meu carón, suxos, e tristes. Seica non se queren despedir de mín.
Outro dato: tomando o almorzo na terraza da facultade, unha ráfaga levantou as caxetas de tabaco que había na mesa e lanzounas ó chan coma se lle deran un manotazo.
non sei... a ver se o vento, ademáis de pó, roupa e tabaco, tamén leva razón?

Subscrever:
Mensagens (Atom)
SOIO CHUCK
As bágoas de Chuck Norris curan o cancro. É unha mágoa que non chorara nunca.
Chuck Norris pode gañar o xogo Conecta 4 en soio 3 mobementos.
Os dinosaurios miraron mal a Chuck Norris unha vez. UNHA VEZ.
Chuck Norris contou ata o infinito… dúas veces.
Chuck Norris morreu fai dez anos, soio que A Morte non foi quen de dicirllo.
A principal exportación de Chuck Norris é a dor.
Se lle preguntas a Chuck Norris que hora é, sempre responde “Faltan dous segundos”. Despois de preguntarlle “¿Dous segundos pra que?”, pégache unha patada xiratoria na faciana.
Chuck Norris pode pechar dun golpe unha porta xiratoria.
Chuck Norris pode dividir entre cero.
Chuck Norris pode queimar unha formiga cunha lupa... de noite.
Chuck Norris comeu unha vez unha tarta enteira antes de que os seus amigos lle poideran dicir que había unha bailarina dentro.