defensa ou ataque?
Empezan defendendo unha lingua que está en perigo, e despois din que é a terceira mais falada do mundo, e xa postos " a mais molona". Din que a lingua non é pra facer política, e despois disque o castelán e a mais apropiada pra facer comunicados políticos. Din que non se pode impoñer unha lingua, que os cartaces non poden estar so nas linguas cooficias, porén si defenden que poida estar so en castelán...
galego, euskera, catalán...
... existen unhas linguas que despois de ter que agocharse no silencio (por unha imposición tan recente como pra que a vivisen os "intelectuais" que firman o manifesto), comezan a resurxir. Xa sexa na fala, na literatura ou en calquera medio. Comeza a procura e a ilusión dun pobo de poñer a súa lingua onde debe estar calquera lingua; carteces, publicidade, e todo o que queiras que vaia dirixido ós cidadáns.
castelán
... existe unha lingua que fala un galego con outro galego en Pontevedra, un vasco con outro vasco en Donosti, e un catalán con outro catalán en Terrassa. Quizabes por iso, falemos nas nosas terras de "normalización linguística", igual que se diría se de súpeto comezasen a falar en inglés os da meseta.
Que non se esqueza que foi unha lingua que chegou a estas terras a base de armas, imposicións, e aires de grandeza. Unha lingua preciosa que veu nas mans de xente ignorante, que cree que hai unha lingua millor cas outras pra comunicarse. O curioso é que os ignorantes de antes, chamanse agora intelectuais.
total, que temos un grupo de xente defendendo unha língua pra un territorio, que nin sequera é a lexítima, e que ten xa acaparados todos os ámbitos importantes da comunicación... non entendo nada, ¿a que carallo teñen medo?
quinta-feira, julho 17, 2008
sexta-feira, julho 11, 2008
o vrao...

Barcelona, abofé que vai calor, aínda que hoxe descanse.
Son as de agora noites de durmir na terraza (non vexas como se poñen as anduriñas as 6 da mañá), concertos de jazz na ciutadella, actuacións de trapecio, ceas multitudinarias, conversas profundas con birra en man ata as tantas da mañá... estamos no vrao, e definitivamente, góstame. Definitivamente.
Non hai que esquecer, bem me doe, que aínda estou facendo un máster...i.e. É xullo tamén un mes de muito traballo e a contrarreloxo, diante, no meu "horizonte profesional", non se ven máis que "dead lines".
E así, traballando de día co ar acondicionado vai chegando moi axiña o solpor, e despois, a noitiña... e despois, coma sempre (a non ser que esteas no ártico) a noite pecha. Saco a miña capa, e comezo a vivir. As escasas horas de sono, vanse fancendo un oco cada vez máis profundo nas miñas olleiras, e ó tempo pra limpiar o cuarto, queda atrapado sen saída debaixo dunha chea de roupa sucia, artigos sobre tsunamis, discos e a saber cantas cousas mais. De feito, a miña habitación comeza a ser coma xogar o escondite inglés (sin mover las manos ni los pies), cada vez que a volto mirar, o desorden está mais e mais preto. Esparerei a que me toque para que cando me xire, lisque correndo.
En fin, non me amarga. Xúroo. Non, millor non.
muitos bicos, e ata loguiño, que teño que provocar un tsunami.
(x se queda alguén, déronme a FPU)
R.
Subscrever:
Mensagens (Atom)
SOIO CHUCK
As bágoas de Chuck Norris curan o cancro. É unha mágoa que non chorara nunca.
Chuck Norris pode gañar o xogo Conecta 4 en soio 3 mobementos.
Os dinosaurios miraron mal a Chuck Norris unha vez. UNHA VEZ.
Chuck Norris contou ata o infinito… dúas veces.
Chuck Norris morreu fai dez anos, soio que A Morte non foi quen de dicirllo.
A principal exportación de Chuck Norris é a dor.
Se lle preguntas a Chuck Norris que hora é, sempre responde “Faltan dous segundos”. Despois de preguntarlle “¿Dous segundos pra que?”, pégache unha patada xiratoria na faciana.
Chuck Norris pode pechar dun golpe unha porta xiratoria.
Chuck Norris pode dividir entre cero.
Chuck Norris pode queimar unha formiga cunha lupa... de noite.
Chuck Norris comeu unha vez unha tarta enteira antes de que os seus amigos lle poideran dicir que había unha bailarina dentro.
Chuck Norris pode gañar o xogo Conecta 4 en soio 3 mobementos.
Os dinosaurios miraron mal a Chuck Norris unha vez. UNHA VEZ.
Chuck Norris contou ata o infinito… dúas veces.
Chuck Norris morreu fai dez anos, soio que A Morte non foi quen de dicirllo.
A principal exportación de Chuck Norris é a dor.
Se lle preguntas a Chuck Norris que hora é, sempre responde “Faltan dous segundos”. Despois de preguntarlle “¿Dous segundos pra que?”, pégache unha patada xiratoria na faciana.
Chuck Norris pode pechar dun golpe unha porta xiratoria.
Chuck Norris pode dividir entre cero.
Chuck Norris pode queimar unha formiga cunha lupa... de noite.
Chuck Norris comeu unha vez unha tarta enteira antes de que os seus amigos lle poideran dicir que había unha bailarina dentro.

