
Continuamos nun mércores sen meigas, alá quedaron, na fogueira de sanxoán. Alí quedou tamén parte da miña ledicia, porque ir en inverno a vigo, está bem, pero en vrao, está demasiado bem.
Alí deixei unha cea de sardiñas cos titis, unha noite de fumadón vendo todos os capítulos de friends, unha partida de palas na néboa dunha praia valeira, unha cea coa xente da facultade, licor café, licor café, e muitas risas, e un primiño-case sobriño, lindo, tan lindo coma un osiño polar.
Aquí deixara muito traballo, cousas por facer, roupa por lavar, e unha neveira valeira.
¿poderá o noso esquío voador, rocki, entándese eu, sobrevivir un mes máis fóra da súa terra e lonxe da súa xente?
Esto e muito máis, no seguinte episodio.
Bicos fedellos.




