sexta-feira, junho 06, 2008

artista invitado


É venres, ainda que non o semelle. O sol di - ola e volta marchar, anda de bacile, o cabrón. Son as 14.51 e os minutos que non avanzan. O Matlab tenme atrapada nas suas matrices. Non é algo sinxelo,

¿cómo se pode escapar dunha matriz?

Pois o único xeito e nacer. O saír o espacio exterior despréndeste deste texido materno e perdes a flotabilidade, é dicir, afúndeste na mesma vida.

Por iso, hoxe, temos un novo invitado, un novo, novísimo membro de unidade familiar, que moi amablemente accedeu a vir o noso programa.

-bos días Noel, ¿tudo bem?

-ñkjsojdo

-Alédome, (é sinxelo estar bem cando che dan a comida a culleradas). E cóntanos, ¿como se sae dunha matriz?

-kdoañjdsakl mmmmslkdjos kososskdkdk jmmkkkk.

-xa, tal e como o dis, semella moi fácil. En fin Noel, graciñas por vir, e esperamos terte con nosco noutro programa.

-kmdlañosndlkd mmmms, kdkdi.

-si, xa, eu tamén me estou facendo cacochas.

Un bico a tudos e moitas gracias por escoitar cada dia o noso programa, sempre aportando os millores consellos.

-----publicidade----------

Sem comentários:

SOIO CHUCK

As bágoas de Chuck Norris curan o cancro. É unha mágoa que non chorara nunca.

Chuck Norris pode gañar o xogo Conecta 4 en soio 3 mobementos.

Os dinosaurios miraron mal a Chuck Norris unha vez. UNHA VEZ.

Chuck Norris contou ata o infinito… dúas veces.

Chuck Norris morreu fai dez anos, soio que A Morte non foi quen de dicirllo.

A principal exportación de Chuck Norris é a dor.

Se lle preguntas a Chuck Norris que hora é, sempre responde “Faltan dous segundos”. Despois de preguntarlle “¿Dous segundos pra que?”, pégache unha patada xiratoria na faciana.

Chuck Norris pode pechar dun golpe unha porta xiratoria.

Chuck Norris pode dividir entre cero.

Chuck Norris pode queimar unha formiga cunha lupa... de noite.

Chuck Norris comeu unha vez unha tarta enteira antes de que os seus amigos lle poideran dicir que había unha bailarina dentro.