quinta-feira, junho 19, 2008

esquela gatuna


Existen seres peludos que fan a túa vida máis linda, a túa casa máis alegre, as túas doenzas menos solitarias. Seres que te cautivan en canto os ves, porque son bos, porque son especiáis. Existen seres que semellan dous seres, poden parecer gatos e ser cans, ou ser cadelos, e semellar gatos. A estes seres chámaselles gato-can. E hai moi moi poucos, pouquísimos. Un deles, a Cosca, vivía en Sors 47, con Paulova, Gonzalo, Ninof e mais eu. Os cinco compañeiros de piso máis felices de Barcelona. Pero as veces, hai noites moi duras en Sors 47. Noites en vela, agardando un taxi que non chega e vendo radiografías que semellan criptogramas. Momentos nos que tremes o chamar por teléfono. E despois hai mañáns cheas de bágoas. Porque a mente non se pode afacer a idea tan axiña, non pode. E o corazón tampouco. Hoxe os habitantes de Sors están tristes. Soa un fado constante, ¿ouvíde-lo? Unha mágoa, moitas bágoas. Ou un blues de voz rasguñada, quizabes ti o escoites, se a coñeciches escoitara-lo. Porque todos os que a coñeceron, namoráronse dela, do noso gato-can, da nosa cosquiflor, cuesco, cosquimana, coti, cosquiña.
A nosa Cosca.

5 comentários:

Anónimo disse...

o sinto moitisimo, sobre todo por Paulova...pobrinha cosca..ánimos
unha aperta
Sarola

Anónimo disse...

quérenselle tanto!!
Só nos queda pensar que, aínda así, foi unha gata con moitísima sorte. Tivo amor, mimos, xogos, comida, e un montón de sitios quentiños e blandiños onde durmir.

Foi unha gata feliz e iso é o que conta.

Ánimos a todas.

Marta.

Anónimo disse...

Ate sempre Cosquiña, tiven o prazer de coñecer as tuas habilidades de jato can,un jato can é inmortal namentres que na nosa memoria e corazóns manteñamos vivo o recordo dalguén tan especial coma era Cosquiña...nada mais... bicos e apertas
para os habitantes de Sors 47, sobre todo para Paulova que ten que estar a pásalo mal.Eu non hai moito tempo tamben perdín a mixiricas de Roxaniña, é tímida pero penso que ha de levarse ben con Cosquiña.

Divi

Anónimo disse...

Pequena jatiña a verdade e que solo velo era namorarse dela....
Sintoo moito por todos vos ese piso quedou moi valeiro sen Cosquiña

Un aperta moi grande da miña parte e moito ánimo

Lidia

Anónimo disse...

La Fura i la Itaca us envien el seu més sincer condol.

DrG.

SOIO CHUCK

As bágoas de Chuck Norris curan o cancro. É unha mágoa que non chorara nunca.

Chuck Norris pode gañar o xogo Conecta 4 en soio 3 mobementos.

Os dinosaurios miraron mal a Chuck Norris unha vez. UNHA VEZ.

Chuck Norris contou ata o infinito… dúas veces.

Chuck Norris morreu fai dez anos, soio que A Morte non foi quen de dicirllo.

A principal exportación de Chuck Norris é a dor.

Se lle preguntas a Chuck Norris que hora é, sempre responde “Faltan dous segundos”. Despois de preguntarlle “¿Dous segundos pra que?”, pégache unha patada xiratoria na faciana.

Chuck Norris pode pechar dun golpe unha porta xiratoria.

Chuck Norris pode dividir entre cero.

Chuck Norris pode queimar unha formiga cunha lupa... de noite.

Chuck Norris comeu unha vez unha tarta enteira antes de que os seus amigos lle poideran dicir que había unha bailarina dentro.