sexta-feira, novembro 13, 2009

[REC] 2

A ver, comecemos por onde toca. Cantas pelis de medo vin eu na miña vida? Lémbrome bem de El Exorcista, de Carry, e de el Resplandor. Iso, dende que nacín até a campaña Hermesione (no Hespérides, este septembro). Quizabes algunha mais por aí solta, pero da que non me lembro, e polo tanto, deduzo que non pasei muito medo. E agora sí, xa postos en situación direivos que se estás nun barco, e todo o mundo está vendo unha peli de conspiracións e ti chegas tarde a sala, non tes nada que facer. Intenteino, pero non habia maneira. O mesmo lle ocorreu a Jaume e Sergi, que coma mín, trataban de reenganchar o fio argumental. Os tres perdidos decidimos ir o camarote de Jaume e alí, ver unha peli. Por algunha razón descoñecida, decidimos ver REC. Xúrovos que tres persoas nun camarote oscuro, co mar batendo, e o barco cruxindo, xa de por sí, da medo. Vamos, que nos cagamos. Que medo pasamos, mi madriña!
E eses momentos de terror, vívimolo nó-los tres. Ninguén mais do barco. E dalgún xeito creou un estrano e terrorífico vínculo entre nós. O sair do barco, o primeiro día de traballo, un cartaz enorme anunciaba no metro [REC]2, ¿te atreves a volver? Vaia, pensei, voltar a onde?, a ese endiañado edificio da Rambla Catalunya? ou a ese oscuro camarote do Hespérides?
Os tres caganés decidiron voltar, e onte, foi o día. O único cine onde aínda a botaban estaba en Hospitalet (nin sequera tiña desconto o meu carnet das bibliotecas de Barcelona). As 22.30 estabamos sentados nunha desas salas xigantes, e ollo, somentes dúas personas mais (sentadas o fundo de todo) nos acompañaban na sala.
Pasamos medo, e iso que pasei os últimos 25 minutos da película mirando a través do punto da miña bufanda...
Pero agora xa é de día, e xa non teño medo, aínda que o diaño ande solto por Barcelona adiante.

Recoméndovo-las, aínda que se non tendes camarote, non será o mesmo.

terça-feira, novembro 03, 2009

dia ventoso en Barcelona

Vento. Aire en movemento.
Unha soga que serve para amarrar a fiestra do despacho quedou onte colgada do lado de fora. Móvese coma un péndulo endiañado, dando conta dos datos que chegan dende o centro de meteoroloxía da facultade de física: rachas de 90 km/h.
O vento sempre leva todo, e deixa o ceo limpo, nítido, impecábel. Adóroo.
“amarrado un momento a la cola del viento me siento mejor, me olvidé de poner en el suelo los pies y me siento mejor”. [Dulce introducción al caos. Extremoduro]
Pero tamén remove o chan, o pó, e tudo cambia de sitio. O que sempre estivo alí, agora está acolá, bem a vista. E pola contra, un mundo de cousas aparecen (desaparecen) agora tapadas pola terra, [sí, debaixo do duro asfalto desta cidade hai moita terra, e coas obras pódela ver, e deste xeito sentir que a natureza aínda vibra tra-las paredes do metro].

O venres, o sair do despacho, levaba conmigo unha pezas de roupa que facía moito tempo tiña pensado tirar no contenedor que hai aquí no campus. Resultou que por mor das obras, o contenedor non estaba. Por non voltar atrás, deixei a bolsa bem ficada, aberta, coa roupa dobradiña por se alguén quería coller algo.
Esta mañá, mentres Paul Simon me cantaba ó oido, moi cerca da facultade, os meus pes tropezaron cun xersei, un suadoiro e un vaqueiro. Todos eles bem coñecidos por mín, pese a estaren cubertos de terra. Collinos. Obviamente eu era a responsábel do acontecido. Irresponsábel, millor. O vento quixo poñelos xustamente no meu camiño.
Están aquí o meu carón, suxos, e tristes. Seica non se queren despedir de mín.
Outro dato: tomando o almorzo na terraza da facultade, unha ráfaga levantou as caxetas de tabaco que había na mesa e lanzounas ó chan coma se lle deran un manotazo.

non sei... a ver se o vento, ademáis de pó, roupa e tabaco, tamén leva razón?

sexta-feira, outubro 30, 2009

nos aeroportos

Dentro de 12 horas tirarei pró aeroporto, alá deixarei que camiñen por min as cintas transportadoras da nova terminal. E dende alí, dun lado o outro, mirarei a xente.

Algúns camiñarán o ritmo da música do meu ipod, e outros irán descompasados (sempre os hai). Tamén hai algún bohemio, síncopas.
Sempre hai alguén que está durmido ó caron da porta de embarque, as veces son eu, outras non.
Hai xente que come bocadillos de xamón. Danllos nunha bandexa color beig, o pan é de baguet, e veñen nun envoltorio de papel branco.
Hai pandillas sobreestimuladas que me dan envexa. Viaxar en grupo sempre é compricado.
Algúns voan a sitios con nomes impronunciábeis.
Algúns están tristes porque rematan as súas vacacións.
Outros están desexando chegar a casa.
Outros van en business, e levan maletín.

Vese algún avión despegar o lonxe, moitos coches mutantes, azafatas guapas moi maquilladas, cartaces que anuncian destinos incribles, maletas floreadas, gatos dentro dunha gaiola, zapatos de tacón que fan ruido dende lonxe, xente morena polo sol dalgún lugar...

Cando vou a Vigo sempre ven alguén a buscarme o aeroporto, cando veño a Barcelona, non.

segunda-feira, outubro 26, 2009

el hombre sin cabeza

Eran las tres de la tarde, aunque mi reloj biológico marcaba las cuatro. Por el cambio al otoño, nos habían regalado una hora más. Hacía sol y por la ventanilla se veía el mar. Cinco minutos, no creo que hubiese pasado más tiempo desde que arrancó el tren. A esas horas no iba muy lleno. Yo estaba sentada en el último vagón, en el último asiento. Delante, un chico se hacía un porro e intentaba ligar con una chica sentada en frente de él. Tendría unos dieciocho años y le gustaba hablar, y lo hacía bien alto. A mi izquierda, separados por el pasillo, un chico elegantemente vestido y con gafas de sol, miraba fijamente el mar y escuchaba la música de su iPod. Delante de él, un señor de unos cincuenta años, vestido de sport, dormitaba con la cabeza apoyada en el cristal. Había más gente, pero estaban lejos, como decía antes, iba bastante vacío.

El caso es que el tren empezó a frenar y a pitar, hasta que finalmente se quedó completamente parado. Un minuto después el maquinista se dirigió a todos los viajeros para informar de que el tren había arroyado a una persona, y que tendríamos que permanecer parados en el mismo lugar hasta que llegase la policía judicial. La gente se revolvió con incomodidad en sus asientos, y el chico porrero soltó un: pues ya podía haber elegido otro momento el colega, ¿no? Ahora que lo pienso, nadie dudó de que se tratara de un hombre (quiero decir, podría haber sido una mujer, pero todo el mundo comenzó a hablar del hombre que …). La gente miró sus relojes. El hombre mayor aseguró que serían unas dos horas. Esto pasaba muy a menudo, explicó. La gente empezó a resoplar y a protestar pensando en las dos horas que les quitarían. Ése mismo hombre afirmó que estaba deseando llegar a casa, . Yo estaba realmente impactada, pero la gente parecía simplemente molesta. En fin, lo peor vino después.

Vi llegar los coches de bomberos y de la policía por la ventana. Justamente nos habíamos parado en medio de una especie de huertos, y la vía estaba completamente cerrada por una valla metálica de un metro y medio, o quizás de dos metros de alto. El único camino por el que se podía acceder en coche estaba a unos cien metros más hacia delante, y coincidía con una especie de campamento gitano. Fue por allí por dónde entraron los bomberos, y al llegar a la vía comenzaron a caminar al lado del tren. Los viajeros estaban pegados a los cristales, el morbo podía más que la educación. Cuando me di cuenta (yo trataba inútilmente de concentrarme en el tapizado del asiento delantero), el chico de gafas estaba a mi lado, mirando por mi ventana, me giré y entonces vi a todos los policías y bomberos parados justo allí, rodeando nuestro vagón, y mirando a un punto situado unos dos metros más atrás de dónde me encontraba yo sentada.

Vale, el cadáver estaba allí. No era fácil de asumir. El chico de gafas comenzó entonces a mirar por la junta de la puerta que estaba a mi izquierda, que unía el último vagón con la locomotora o no sé, en fin, una puerta totalmente opaca, pero que parece ser, dejaba bastante espacio entre ella y la pared que la enmarcaba. Finalmente se subió al asiento y desde allí estuvo mirando durante un rato a través de la ranura. Después, con una cara de indiferencia que me congeló el aliento afirmó que desde allí se podía ver el cuerpo. El porrero no lo dudó dos segundos y se abalanzó sobre la puerta. ¡Ostia, no tiene cabeza! Gritó como un loco. Un escalofrío me recorrió la nuca. Inmediatamente, todos aquellos viajeros que estaban en la parte delantera del vagón se dirigieron a la puerta para mirar. Sabía que existía el morbo, ese morbo horrible que se ve a menudo en la ralentización de los coches que pasan al lado de un accidente. Pero esto me pareció el colmo. Especialmente cuando una mujer, madre de un adolescente macarra permitió a su hijo que contemplase el cadáver, eso sí, mientras lo abrazaba. Una imagen de lo más tierno… vaya, esa misma mujer, tras contemplar el cuerpo sin cabeza hizo el siguiente comentario: la gente es subnormal. Oh sí! sí que lo es sí, no hay más que verte, pensé.

En fin, aquello era como ver un detestable reality show, donde piensas que sólo contratan imbéciles para subir la audiencia. Sin embargo esta había sido una selección natural, era, digamos, una muestra representativa de nuestra sociedad. Una sociedad, por lo que se ve, sin sensibilidad.

Después llegó otro tren, y mediante unas rampas, hicimos el traspase. El maquinista ayudó a una madre a cruzar el carrito de su bebé, mientras contaba que éste era la tercera persona que se suicidaba delante de su tren. El chico se puso en medio de la vía cuando lo vio llegar, explicó compungido, y desde allí lo miró impasible, mientras el conductor trataba de frenar esa mole de acero.

quinta-feira, outubro 01, 2009

email de Rok no Hesperides

oiglesias@hesperides.cmima.csic.es

quinta-feira, setembro 17, 2009

N/A

20.00 Costa de Marrocos, coido que é xoves.
levamos tres días coa fuga e o auga doce comenza a escasear. A dotación trata por
tódo-los medios de arranxar o motor, pero sen a maldita peza, semella imposible.
A mar é pior por momentos, e as ondas pasan moitas veces por riba do barco, que non
ofrece resistencia algunha na súa resignada deriva.

Sí estamos en augas de marrocos, cartografiando estes fondos descoñecidos. A mar está
preciosa, porque aínda que hai moitas ondas, semella densa, oscura, suave. Xa vin unhas
cantas pelis, e unha de elas, polo menos, suponse que moi boa: El truco del Manco. O que
pasa é que é moi triste, e aquí non me apetece ver esa clase de cousas. Estou lendo
pouco. Tampouco escribo. Polo momento o que mais fago é pasmar. Pasmo mirando o mar
dende a proa (cando non hai moito vento e prohiben sair), pasmo mirando o mar dende a
liteira, ou pasmo mirando unha bandeira na cociña, na proa, na popa, no angar, no
comedor, na sala de sondas, no cu dun oficial, na mesiña dun mariñeiro, na gorra dun
cabo (rediola, están en todas partes)... en fín, que simplemente pasmo. Estou leda
prácticamente todo o tempo, agás cando me doe o barrigocho por mor da regra e cando me
cruzo coa milica cociñeira. Ódioa. Fíxome a burla na campaña do Ártico, tamén na outra
do Mediterraneo. Agora estou no Atlántico e non me saúda cando ma cruzo por un pasillo
estreito onde te tes que apartar se non te queres empotrar con semellante orco.
Detrás miña acaban de pasar os tres marroquís que nos acompañan (exactamente iso,
acompáñannos) por motivos político-militares mentres traballamos nas súas augas. Terán
uns 40 ou 45 anos e semellan simpáticos. Un deles ten unha filla que se chama Elaia, e
di que o meu nome é arabe, jeje, tamén di que é un nome moi bonito. Eu dígolle que a mín
tamén me gusta. Todavía se perden no barco e as veces a parecen na cociña a hora de
cenar ou xantar, pero están co Ramadán (non estou certa de que se escriba así...) e non
poden comer até que cae o sol. Faime gracia ver traballar a cociñeira fóra do seu
horario para darlle de comer " a uns moros" (porque non dubidedes un instante en que
para eles son moros apelativo diante).
Vou tomar un cafeciño, que as 00.00 entro de guarda. Bicos oceanográficos dende uns 34ºN
e uns 5ºW.
contádeme cousas

--
BIO HESPERIDES

quarta-feira, março 04, 2009

tres días despois...

un link que me pasou a miña curmá Irene e que, coido, di "verdades coma puños":

http://blogs.publico.es/eldedoenlallaga/?p=522

segunda-feira, março 02, 2009

¿espranza?

disque a espranza é o último que se perde, pero que espranza cabe cun máximo de participación. Antes, aínda tiñamos esa excusa, a xente non vota... e agora qué? cal é a espranza, que morran xa tódo-los vellos que son levados co carretillaxe? non nos enganemos: Galiza é de dereitas, a xente nova de Galiza é de dereitas. Quedou máis que demostrado en Compos coa organización dunha manifestación levada por unha xente que se sentía ofendida co vago intento feito polo "antigo" goberno de recuperar a lingua galega nas escolas. É duro, quen está agora untado polas axudas do prestige? qué é o que move a un grupo de (perdoenme pero o son) ignorantes rurais a votar a un partido que somentes empurra a economía das grandes empresas? axudas directas? caciquismo? aí aínda cabe a excusa, pero o escrutinio deste ano deixa as grandes cidades como as máximas votantes do partido popular. É dicir, nin vellos, nin ignorantes; novos e con estudos, e con acceso a cultura, a rede, o coñecemento, son agora os votantes do pp.

¿qué facemos os outros? ¿somos tan poucos?
non sei, polo de agora somentes podo dicir que sinto vergoña, e que xa perdín até a espranza.

terça-feira, fevereiro 10, 2009

pois iso

http://www.youtube.com/watch?v=44L1_-_2k98

quinta-feira, janeiro 29, 2009

este post non ten título

lugar: cibercafé dos timadores. Aínda así sempre me pido un café, chámame débil ou chámame olaia, tanto ten. Non soan os clash, de feito soa unha puta merda de tipa que debería quedarse muda se tivera algún respeito pola humanidade.
data: xoves 27 ou 28 de xaneiro, 12.43 da mañá, ou da tarde según consideres a tarde despois de zampar (o meu caso) ou despois das 12.00 (peña rara).

hoxe non teño despacho, teño mala ostia. Demostración: Me cago na ostia da puta telefónica así morreran todos electrocutados! empresa de estafadores e impresentábeis!
xa está, que se me mordo a lingua me enveleno. E claro, por iso estou no ciber, a ver se pensades que non teño outra cousa que facer que darlle de comer a familia rara esta que montou este negocio; que a mín o de escribir tonterías nun blogue e andar a rebulir no feisbuc non me gusta nada, o fago porque se non a sociedade (suciedade) recházate coma un becho (coma din no Morrazo) raro; e o de becho aínda bo é, pero o de raro... ten moita R.

en fin, nada mais. creo que o ton do rapaz repelente da "conxura dos necios" está comezando a calar na miña personalidade, son unha esponxa, ou quizabes teño o cerebro esponxiforme como as vacas tolas.

bicos a todos, a uns con mais intensidade que os outros!

Rocki

sexta-feira, janeiro 09, 2009

Made in Galiza

venres noite, Galiza, Vigo, casa dos meus pais. Estreando as braguiñas que me merquei nas rebaixas e agardando por unha chamada perdida que me faga sair do quentiño da casa á friaxe exterior. O horizonte é unha cea coas coleguis e un licorca pra facer a dixestión. Estes días na terra van rematando e cada vez que vexo a ria me cago no mediterráneo. É certo que alá estou de marabilla, porén... aquí tamén. A familia, os colegas, viva vilariño borracho e unha gata obesa que non obsesa. Polbo, empada, peixe e cinco quilos máis; a vida aquí é comestíbel.

Boas noites e até pronto.

SOIO CHUCK

As bágoas de Chuck Norris curan o cancro. É unha mágoa que non chorara nunca.

Chuck Norris pode gañar o xogo Conecta 4 en soio 3 mobementos.

Os dinosaurios miraron mal a Chuck Norris unha vez. UNHA VEZ.

Chuck Norris contou ata o infinito… dúas veces.

Chuck Norris morreu fai dez anos, soio que A Morte non foi quen de dicirllo.

A principal exportación de Chuck Norris é a dor.

Se lle preguntas a Chuck Norris que hora é, sempre responde “Faltan dous segundos”. Despois de preguntarlle “¿Dous segundos pra que?”, pégache unha patada xiratoria na faciana.

Chuck Norris pode pechar dun golpe unha porta xiratoria.

Chuck Norris pode dividir entre cero.

Chuck Norris pode queimar unha formiga cunha lupa... de noite.

Chuck Norris comeu unha vez unha tarta enteira antes de que os seus amigos lle poideran dicir que había unha bailarina dentro.