disque a espranza é o último que se perde, pero que espranza cabe cun máximo de participación. Antes, aínda tiñamos esa excusa, a xente non vota... e agora qué? cal é a espranza, que morran xa tódo-los vellos que son levados co carretillaxe? non nos enganemos: Galiza é de dereitas, a xente nova de Galiza é de dereitas. Quedou máis que demostrado en Compos coa organización dunha manifestación levada por unha xente que se sentía ofendida co vago intento feito polo "antigo" goberno de recuperar a lingua galega nas escolas. É duro, quen está agora untado polas axudas do prestige? qué é o que move a un grupo de (perdoenme pero o son) ignorantes rurais a votar a un partido que somentes empurra a economía das grandes empresas? axudas directas? caciquismo? aí aínda cabe a excusa, pero o escrutinio deste ano deixa as grandes cidades como as máximas votantes do partido popular. É dicir, nin vellos, nin ignorantes; novos e con estudos, e con acceso a cultura, a rede, o coñecemento, son agora os votantes do pp.
¿qué facemos os outros? ¿somos tan poucos?
non sei, polo de agora somentes podo dicir que sinto vergoña, e que xa perdín até a espranza.
segunda-feira, março 02, 2009
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
SOIO CHUCK
As bágoas de Chuck Norris curan o cancro. É unha mágoa que non chorara nunca.
Chuck Norris pode gañar o xogo Conecta 4 en soio 3 mobementos.
Os dinosaurios miraron mal a Chuck Norris unha vez. UNHA VEZ.
Chuck Norris contou ata o infinito… dúas veces.
Chuck Norris morreu fai dez anos, soio que A Morte non foi quen de dicirllo.
A principal exportación de Chuck Norris é a dor.
Se lle preguntas a Chuck Norris que hora é, sempre responde “Faltan dous segundos”. Despois de preguntarlle “¿Dous segundos pra que?”, pégache unha patada xiratoria na faciana.
Chuck Norris pode pechar dun golpe unha porta xiratoria.
Chuck Norris pode dividir entre cero.
Chuck Norris pode queimar unha formiga cunha lupa... de noite.
Chuck Norris comeu unha vez unha tarta enteira antes de que os seus amigos lle poideran dicir que había unha bailarina dentro.

1 comentário:
Pois non deberías perder a esperanza, que inda es moi nova, non mirar atrás e non desanimarse xamáis son a chave pra trocar esta situación. Fai falla xente coas ideas claras, tanto na política coma na rúa, xente que saiba recompoñerse despois dun fracaso, que aprenda da derrota. É moi duro ver como voltamos de novo a un goberno que nunca axudou a Galiza, pero esto debería darnos novos azos pra seguir loitando. Segue voando esquío
Enviar um comentário