quarta-feira, março 19, 2008

quen é Breogan


Breogán era o xefe dunha briga, ou comunidade que vive nun castro. Foi moi coñecido porque fixo construír unha torre moi grande nunha illa (algúns o atribúen A Cruña e outros a Betanzos). No cumio da torre facíase lume, que servía de faro pros navegantes fenicios.
Un día de outono, deses que o vento limpa o aire levándose lonxe a néboa e as nubes, o fillo de Breogán, Ith, subiu enriba de todo pra outear o horizonte. Alá lonxe, lonxe, onde acaba o mar, pareceulle ver unha terra verde como a nosa. A súa sangue celta comezou a rebulir no seu corpo, e foi correndo onda seu pai a preguntarlle se podía ir a explorar aquel territorio. Breogán consentiu, porén, pareceulle necesario que ata chegar ata alá, non baixase do seu cabalo.
Esa terra, era Irlanda, e esta historia, explica como a cultura celta se espallou ata aquelas terras que comparten con nós as gaitas, os torques, os castros e moito máis.

o que si me pregunto é... ¿alguén me pode explicar como fixo Ith para chegar a Irlanda sen baixar do cabalo?

que non é que non mo crea...

sexta-feira, março 14, 2008

a todos aqueles

e aquí estou, un día máis, tranquila por todo aquelo que pasou, e sen pensar en nada mais que en deitarme. son al 3.11 da maña, é xoves, non, xa é venres. No horizonte, un día de traballo e un fin de semana cheo de ska e boa compaña. compaña... ¿santa? non, mais bem diabólica, endiañada, da que me gusta a mín. esa mesma, a que escasea e boto tanto de menos... porque é certo, noto que últimamente, falta moita da miña xente o meu redor. non falo somentes dos de vigo, dos que, despois de todo, xa estou afeita a non velos; NON, falo deses outros, os que forman parte da túa vida en barna e que fai tempo que non ves. a todos eses, un bico gordecho, dos que fan ruído.
Aos de vigo, unha aperta inmensa!

boas noites, e moi boa sorte, que nunca ven de mais.

Oli

quarta-feira, março 05, 2008

$ ola mundo!

A era dixital chega a Sors 47, convertendo este día tan ventoso, nunha historia de misterio. Eu, coma tiña internete, decidín traballar na casa conectándome o meu ordenador da facultade por escritorio remoto. A esto das 10 atopeime con Nina na cociña, que tamén decidira quedarse a traballar na casa. E agora, as 12: 30 pasadas, escoito a Gonzalo preguntar sorprendido ¿olaia?, si, estou aquí. O escoitar as miñas verbas sentiu que se esfumaba a tensión acumulada,: escoitara moitos ruidos e non sabía se fóra una bufarada ou se colara un ladrón no noso fogar. ¿E ti que fas na casa? lle pregunto, decidín quedarme a traballar aquí, pois xa somos tres lle digo, Nina tamén esta.

Esto pode sementar a ideia de que Internete nos une... porén, onte a noite, en lugar de estares todos xuntiños no salón coma antes, cada un andava a escarabullar na rede na súa habitación. E máis patético aínda: o plan que acadamos Nina máis eu de ires votar agora (a Falange, claramente), encher o papo, e ir o traballo despois, foi decidido polo messenger, de cortello a cortello, de cocho a cocho, deixando que as nosas mensaxes atravesaran unha parede e un armario tapizado. En fin....

alienación??

Rocki

e velaquí unha recomendación que me pasou a miña irmá:

http://www.aulaintercultural.org/article.php3?id_article=2420



bicos!

domingo, março 02, 2008

quen dixo inverno?

20.25 dun domingo. Isto é Barcelona, e isto é meu fogar. Si, xa teño Internete no chavolo.

Hoxe, ademais de estrenar este blogue dende a miña casa, estreo Mediterráneo. Veño de darme o primeiro baño deste ano. A auga estaba quizabes un chisco mais quente que en Cies en agosto, e moitísimo mais sucia. Fun co meu compi Gonzalo na súa moto, fomos ata Badalona, comimos un bocata de tortilla precociñada e metímonos correndo na auga e voltamos sair, secarnos, e pa casa a quitar toda esa contaminación que ten este mar quedo. Pero foi xenial, foi o primeiro paso cara o calorciño e o bo roio do vrao, que aquí, sempre comeza antes. Terrazas, chapuzóns... e un forno a 200ºC que che leva dun lugar a outro baixo terra... ummm. Galiza pro vrao, Barcelona po inverno, esa sería a distribución perfecta.

mmm, teño fame, vou zampar algo.

Moitos bicos e a prepararse, que mañá temos outra noite de "eu son millor"... Políticos... prefiro os porquiños.

SOIO CHUCK

As bágoas de Chuck Norris curan o cancro. É unha mágoa que non chorara nunca.

Chuck Norris pode gañar o xogo Conecta 4 en soio 3 mobementos.

Os dinosaurios miraron mal a Chuck Norris unha vez. UNHA VEZ.

Chuck Norris contou ata o infinito… dúas veces.

Chuck Norris morreu fai dez anos, soio que A Morte non foi quen de dicirllo.

A principal exportación de Chuck Norris é a dor.

Se lle preguntas a Chuck Norris que hora é, sempre responde “Faltan dous segundos”. Despois de preguntarlle “¿Dous segundos pra que?”, pégache unha patada xiratoria na faciana.

Chuck Norris pode pechar dun golpe unha porta xiratoria.

Chuck Norris pode dividir entre cero.

Chuck Norris pode queimar unha formiga cunha lupa... de noite.

Chuck Norris comeu unha vez unha tarta enteira antes de que os seus amigos lle poideran dicir que había unha bailarina dentro.