quinta-feira, junho 05, 2008

moita calma



Barcelona, 11.18.
Temperatura inestábel, coma todo.
Son tempos duros no palacio de Sors, pero aquí podemos con iso e con moito máis. Hai que estar aí pero sen interferir, deixar que as cousas as arranxe quen as ten que arranxar. Cando era pequena tiña tartarugas (non mutantes) e as veces caían da illa coa palmeira e quedaban patas arriba. eu poñíame nerviosa, queria axudalas, pero sabía que se o facía, non aprenderían.

mentras tanto...

Setembro dibúxase no horizonte coma un mes cheo de garabullos; a voda da miña prima, a entrega do traballo, o concerto de Coldplay (veñen Crispín, Lidi e a miña irmá), e unha escapada programada a capital do estado. E é que somentes coñezo o percorrido dende Atocha a Porta do Sol. Pois iso, o das manifestacións. Quedarei na casa do pequetroll, o que boto moitísimo de menos.

no despacho cheira a tese no forno, hai moitas a puntiño de sair, e eu aínda estou mercando os ingredentes... en fin, todo o seu tempo.

Moita calma, relax, disfrutar das pequenas cousas, e sobre todo, disfrutar da xente.


que os becarios tampouco vivimos tan mal!

moitos bicos siderais,

rocki

P.D. foto daquel fin de semana en terras da Barbanza... que vida mais dura, me caji na!

Sem comentários:

SOIO CHUCK

As bágoas de Chuck Norris curan o cancro. É unha mágoa que non chorara nunca.

Chuck Norris pode gañar o xogo Conecta 4 en soio 3 mobementos.

Os dinosaurios miraron mal a Chuck Norris unha vez. UNHA VEZ.

Chuck Norris contou ata o infinito… dúas veces.

Chuck Norris morreu fai dez anos, soio que A Morte non foi quen de dicirllo.

A principal exportación de Chuck Norris é a dor.

Se lle preguntas a Chuck Norris que hora é, sempre responde “Faltan dous segundos”. Despois de preguntarlle “¿Dous segundos pra que?”, pégache unha patada xiratoria na faciana.

Chuck Norris pode pechar dun golpe unha porta xiratoria.

Chuck Norris pode dividir entre cero.

Chuck Norris pode queimar unha formiga cunha lupa... de noite.

Chuck Norris comeu unha vez unha tarta enteira antes de que os seus amigos lle poideran dicir que había unha bailarina dentro.