
Barcelona, abofé que vai calor, aínda que hoxe descanse.
Son as de agora noites de durmir na terraza (non vexas como se poñen as anduriñas as 6 da mañá), concertos de jazz na ciutadella, actuacións de trapecio, ceas multitudinarias, conversas profundas con birra en man ata as tantas da mañá... estamos no vrao, e definitivamente, góstame. Definitivamente.
Non hai que esquecer, bem me doe, que aínda estou facendo un máster...i.e. É xullo tamén un mes de muito traballo e a contrarreloxo, diante, no meu "horizonte profesional", non se ven máis que "dead lines".
E así, traballando de día co ar acondicionado vai chegando moi axiña o solpor, e despois, a noitiña... e despois, coma sempre (a non ser que esteas no ártico) a noite pecha. Saco a miña capa, e comezo a vivir. As escasas horas de sono, vanse fancendo un oco cada vez máis profundo nas miñas olleiras, e ó tempo pra limpiar o cuarto, queda atrapado sen saída debaixo dunha chea de roupa sucia, artigos sobre tsunamis, discos e a saber cantas cousas mais. De feito, a miña habitación comeza a ser coma xogar o escondite inglés (sin mover las manos ni los pies), cada vez que a volto mirar, o desorden está mais e mais preto. Esparerei a que me toque para que cando me xire, lisque correndo.
En fin, non me amarga. Xúroo. Non, millor non.
muitos bicos, e ata loguiño, que teño que provocar un tsunami.
(x se queda alguén, déronme a FPU)
R.


Sem comentários:
Enviar um comentário