terça-feira, dezembro 09, 2008

unha ponte en Barcelona...

e chega o venres (despois de unha noite de jam session e dúas birras que quizabes non facían falta, se tes en conta as anteriores) e tes que ir traballar. Cando levas tres horiñas reenchendo follas para o ministerio chámate o instalador do calentador e veña a correr pra casa, e chámate tamén o do telefónica, ¡que si que xa vou, oh! fartiña e agobiada, que isto non remata nunca, e veña, a tira pra casa coa ilusión de que en canto marchen estes homes, haste de duchar por fin con auga quente. Unha ducha que fará historia, unha historia escrita sobre azulexos cor de rosa...
e cando me ía duchar, vai e estoupa a alcachofa, co chorro da auga quente celestial mollándome toda! e veña, que non pasa nada, que incluso podo chegar a rirme da miña desgracia! e baixo pra ferretería e merco outra, que estea bem ¿eh? nada de baratingos que despois saen mais caros... e corre pa casa pensando na ducha, nos azulexos de cor rosa. Poño a nova alcachofa, e lle dou otra limpiada o baño; bem limpo e con bo cheiro, até puxen velas e tudo! e xa lle dou a calefacción, e deixo as braguiñas e os calcetíns limpos na tapa do water, as zapatillas no chan, e con toda a ledicia do mundo, métome na ducha e comenza a alegría suprema; bañarte con auga quente na túa casa... cando de súpeto, pum! reventa o grifo, si, reventa o grifo, e comeza a saír a auga en dirección horizontal! alá van as braguiñas, os calcetos, as zapatillas, a toalla, a miña paciencia!! histérica, sequeime, vestinme e marchei.Cantos tacos botei pola boca, ¡mi madriña!
E veña, corre pra riba, que quedaches no final da rúa non sabes canto de longa é... sonche nova no barrio, xa David agardaba un chisco impaciente pra ir o circo, e apalí no coche con ska a todo gas e en menos dunha hora xa estabamos seguindo os cartaces polo medio dunha congostra do monte que sinalabam o Circ Cric! que maneira de rir, de zampar e de pasalo bem; ¡qué lonxe quedaba o baño co seu grifo! Pra rematar a noite voume con Sara a durmir a Mataró, mais jazz antes de durmir e tamén para almorzar, pan amb tomaquet, osti tu! que estic a Catalunya! e se non te importa tamén me dou unha ducha, que na miña... Tren de volta a Barcelona e pra casa das colominas, parada de rigor despois nunha tenda de discos, un Get Happy e xa teño outra vez ganas de mexar. Outra vez azulexo de cor rosa, pero oes, o grifo! é novo! e é que xa o puxera o meu gonzalín, que tanto lle podes dicir así coma dicirlle santo, e por fin ducheime (aínda que estaba limpa) ¡e como me prestou (que diría Lidito)! O sábado marchei pola porta limpiña e leda, e con certo aire premonitorio, non vaiades crer.
Abofé que foi contundente esta ponte pero xa me queda moi longo o texto...

somentes unha frase mais, só unha pra dicirvos que aínda que non teñades traballo, aínda que vos deixara o/a mozo/a, aínda que teñades gripe, lembrade,

tendes auga quente!
e eu tamén!!

Sem comentários:

SOIO CHUCK

As bágoas de Chuck Norris curan o cancro. É unha mágoa que non chorara nunca.

Chuck Norris pode gañar o xogo Conecta 4 en soio 3 mobementos.

Os dinosaurios miraron mal a Chuck Norris unha vez. UNHA VEZ.

Chuck Norris contou ata o infinito… dúas veces.

Chuck Norris morreu fai dez anos, soio que A Morte non foi quen de dicirllo.

A principal exportación de Chuck Norris é a dor.

Se lle preguntas a Chuck Norris que hora é, sempre responde “Faltan dous segundos”. Despois de preguntarlle “¿Dous segundos pra que?”, pégache unha patada xiratoria na faciana.

Chuck Norris pode pechar dun golpe unha porta xiratoria.

Chuck Norris pode dividir entre cero.

Chuck Norris pode queimar unha formiga cunha lupa... de noite.

Chuck Norris comeu unha vez unha tarta enteira antes de que os seus amigos lle poideran dicir que había unha bailarina dentro.