sexta-feira, novembro 07, 2008

xa é venres, e teño plans

Barcelona, por-fin-é-venres 7 de novembro de 2007. Dous dias pra cumplir a maioría de idade (+ 10). Escoito ós Just Two Guys: Eyes, xa a puxen tres veces seguidas, encántame.

O meu lado teño un saco de montaña pra durmir a temperaturas moi baixas, porque este fin de semana marcho a Siurana a facer vivac coa Nina & Cia. Teño moitas ganas, preciso sair xa da cidade (que por moi bonitiña que sexa satura a Diola). Semella que vai facer bo tempo, e aproveitaremos pra gatuñar polas paredes. Xa fai moito tempo que non escalo, cagareime de medo, pero intentareino. A vertixe non é moi amiga deste deporte.

E esta tarde vou buscar o meu paquetoque de comida que me envían os titis. Soio de pensar no queixo San Simón caen chorretóns de baba sobre a miña folla chea de ecuacións de Boussinesq, cabrón.

Bo fin de semana, rapaces.

Sem comentários:

SOIO CHUCK

As bágoas de Chuck Norris curan o cancro. É unha mágoa que non chorara nunca.

Chuck Norris pode gañar o xogo Conecta 4 en soio 3 mobementos.

Os dinosaurios miraron mal a Chuck Norris unha vez. UNHA VEZ.

Chuck Norris contou ata o infinito… dúas veces.

Chuck Norris morreu fai dez anos, soio que A Morte non foi quen de dicirllo.

A principal exportación de Chuck Norris é a dor.

Se lle preguntas a Chuck Norris que hora é, sempre responde “Faltan dous segundos”. Despois de preguntarlle “¿Dous segundos pra que?”, pégache unha patada xiratoria na faciana.

Chuck Norris pode pechar dun golpe unha porta xiratoria.

Chuck Norris pode dividir entre cero.

Chuck Norris pode queimar unha formiga cunha lupa... de noite.

Chuck Norris comeu unha vez unha tarta enteira antes de que os seus amigos lle poideran dicir que había unha bailarina dentro.