sexta-feira, dezembro 12, 2008

boas tardes dende a sala 337 do departamento de estratigrafía, paleontoloxía e xeociencias mariñas da facultade de xeoloxía da universidade de barcelona, uff! xa non me quedan folgos.
se escoitas un soio de piano mentres escribes por un momento pensas que o teclado é un piano, e convírteste inmediatamente nunha virtuosa, pero virtualmente.

e son as 16.35 e é: VENRES!! nin te cases nin te mexes!
esta tarde exposición de fotografía, e pola noite danza contemporánea en Mataró. Os plans para a miña última semana do 2008 en barcelona agalópanse uns sobre os outros, ceas, comidas, birras, espectáculos, o mesmo pero sen espectá... en fin, un montón de cousas para despedir o ano. ops, xa é hora de marchar! adiola

Sem comentários:

SOIO CHUCK

As bágoas de Chuck Norris curan o cancro. É unha mágoa que non chorara nunca.

Chuck Norris pode gañar o xogo Conecta 4 en soio 3 mobementos.

Os dinosaurios miraron mal a Chuck Norris unha vez. UNHA VEZ.

Chuck Norris contou ata o infinito… dúas veces.

Chuck Norris morreu fai dez anos, soio que A Morte non foi quen de dicirllo.

A principal exportación de Chuck Norris é a dor.

Se lle preguntas a Chuck Norris que hora é, sempre responde “Faltan dous segundos”. Despois de preguntarlle “¿Dous segundos pra que?”, pégache unha patada xiratoria na faciana.

Chuck Norris pode pechar dun golpe unha porta xiratoria.

Chuck Norris pode dividir entre cero.

Chuck Norris pode queimar unha formiga cunha lupa... de noite.

Chuck Norris comeu unha vez unha tarta enteira antes de que os seus amigos lle poideran dicir que había unha bailarina dentro.