sexta-feira, setembro 05, 2008

no alto do Agbar


Onte vin un can, era un can voador. Atopeino no alto da torre Agbar (o falo, pene, supositorio, consolador, percebe... ). Eu tamén cheguei alí voando; vou os xoves, pra ver como corre a noite cara a barcelona dende o mar. O ar estaba limpo (bem raro), e chegaba incluso o cheiro do peixe aínda por pescar. Alí haise que sentar con tino. Non teñas medo que non caes, dígome sempre. E simplemente contemplo e contemplo, miro ó redor até que teño a noite por riba de mín. Faltábanme dous minutos (3 coma moito) pra levantar o voo e voltar a casa. Primeiro escoitei un ladrido, porén, este primeiro semellaba vir de lonxe; pensei que viña de abaixo, de onde veñen todo-los ruidos. Pero o segundo veu das miñas costas, tal como cho conto. Asusteime tanto que peguei un pinchacarneiro! cando caín, as miñas patucas non atoparon o chan. Esto chámase esvarar, e é moi perigoso se estás no alto dun edificio. Comecei a deslizarme por todas esas fiestras de oficiña iluminadas; vin unha señorita no computador (traballando espida)... vin un home metendo o dedo no nariz... e xa no terceiro andar contando dende arriba, apareceu de novo o cadelo; agora debaixo meu, e camiñando en vertical coma se tal cousa; aguantoume co seu fuciño! foi a ostia meu, non penses que era un San Bernardo, non ó! era un puto chiguagua! El soíño me subiu outra vez pró alto, e unha vez alí, mireino cos ollos tan abertos que incluso se me caeu unha pupila. El miroume e dixo - guauuu, case morres.
E tal e como o dixo marchou voando e perdeuse na única nube que había no ceo (xusto enrima dunha fábrica).

Onte vin un can voando, e por iso me quedei até as 4 da mañá enriba da torre Agbar. Pero non volveu pasar, o único que voaba eran os avións, as pombas, e eu.

R.

1 comentário:

MARINADA disse...

Quan reprenem les cervesetes al violeta??? Que nomes em queden dues setmanes a la meravellosa vil.la de gràcia!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!! Tonight??? Et truco quan plegui de trapeci! petons blau cobalt! Avises al pequetrol?

SOIO CHUCK

As bágoas de Chuck Norris curan o cancro. É unha mágoa que non chorara nunca.

Chuck Norris pode gañar o xogo Conecta 4 en soio 3 mobementos.

Os dinosaurios miraron mal a Chuck Norris unha vez. UNHA VEZ.

Chuck Norris contou ata o infinito… dúas veces.

Chuck Norris morreu fai dez anos, soio que A Morte non foi quen de dicirllo.

A principal exportación de Chuck Norris é a dor.

Se lle preguntas a Chuck Norris que hora é, sempre responde “Faltan dous segundos”. Despois de preguntarlle “¿Dous segundos pra que?”, pégache unha patada xiratoria na faciana.

Chuck Norris pode pechar dun golpe unha porta xiratoria.

Chuck Norris pode dividir entre cero.

Chuck Norris pode queimar unha formiga cunha lupa... de noite.

Chuck Norris comeu unha vez unha tarta enteira antes de que os seus amigos lle poideran dicir que había unha bailarina dentro.