quinta-feira, setembro 04, 2008


14.46. Departamento de Estratigrafía, Paleontoloxía e Xeociencias Mariñas. Sala de bolseiros.
Temperatura incongruente co exterior. Temos ar condicionado. Alabado sea Diola.

Xa levo aquí catro días dende a volta das ferias, e non hai xeito de que me concentre e lle dea a caña que o meu curro precisa. Con que xeitiño se afai un a non facer ren.
A xente todavía anda as volta, uns aínda non chegaron, outros acaban de chegar e outros levan aquí toda-las ferias traballando. Esto último hache de ser bem doente.

En fin, xa é xoves e mañá volta ser un por-fin-é-venres, e aínda por riba con agasallo; pola noite chega Lidito, e a mañá seguinte a miña irmá e mailo Oscar. É o sábado un día de concerto, Coldplay, máis coñecido para Sarola e mais eu coma "o señorito colpli". Falta o Crispín, que xustamente foi a que mobeu todo o asunto; e agora queda alá cunha peniña moi grande. Aprebeito pra enviarche unha aperta sideral, espacial, megacósmica e estratosférica.

pois iso, a currar, que hoxe é dia de gharabullos.
Rocki

deixovos cunha foto dunha fosforita; sobre elas ando agora a facer un traballo.

Sem comentários:

SOIO CHUCK

As bágoas de Chuck Norris curan o cancro. É unha mágoa que non chorara nunca.

Chuck Norris pode gañar o xogo Conecta 4 en soio 3 mobementos.

Os dinosaurios miraron mal a Chuck Norris unha vez. UNHA VEZ.

Chuck Norris contou ata o infinito… dúas veces.

Chuck Norris morreu fai dez anos, soio que A Morte non foi quen de dicirllo.

A principal exportación de Chuck Norris é a dor.

Se lle preguntas a Chuck Norris que hora é, sempre responde “Faltan dous segundos”. Despois de preguntarlle “¿Dous segundos pra que?”, pégache unha patada xiratoria na faciana.

Chuck Norris pode pechar dun golpe unha porta xiratoria.

Chuck Norris pode dividir entre cero.

Chuck Norris pode queimar unha formiga cunha lupa... de noite.

Chuck Norris comeu unha vez unha tarta enteira antes de que os seus amigos lle poideran dicir que había unha bailarina dentro.