Bos días. Chámese eufemismo, chámese resignación.
Hoxe, empeza o cole. Escribo pois dende a cadeira azul do traballo, co meu rato inalámbrico e a pantalla plana de non sei cantas pulgadas; non quero dicir que sexa grande, se non simplemente que non sei as pulgadas que ten.
Non chove, aquí nunca o fai. As oito da mañá xa vas de manga curta e pantalón curto, fucking hot! Porén, así non da tanta sensación de fin de vrao. Todavía queda algo para cando saes do traballo, pois iso, alabado sea Diola.
O metro, incríbel instrumento de alienación humana, xa forma parte outra vez da miña vida cotiá. Lendo agora o Retrato de Dorian Gray (retomo a carreira leitora que che proporcionan os meios de transporte da generalitat) , non fixen mais que observar as caras do meu redor a procura da beleza da que tanto se fala no libro. A procura dunha cara, unha faciana magnificamente bela. Asexando unha beleza tan extrema que che pode facer caer as bágoas. Non cheguei a tanto, non oh! pero tampouco foi tan difícil atopar un rostro perfecto, lindo, inmaculado. Na séptima parada, aprox., Paralel, sí. Era unha muller guapísima, loira, con ollos grandes e cara doce.Cutis perfecto. Probablemente sería modelo, digoo porque saía nun cartace de publicidade. En fin, que era unha foto. Anunciaba unha xoias que fai agora a marca de reloxos, Swach (escríbese así?), ¡menuda merda de pulseira! O caso é que alguén podía ver a mesma imaxe e pensar que a pulseira era preciosa, e aínda pior, poderían ver a rapaza e pensar que era fea.
en definitiva, e como primeira conclusión do día: a beleza é relativa. Aínda digo mais: todo é relativo. Para dicir isto, Einsten estivo muito tempo da súa vida resolvendo ecuacións diferenciais de 9º grao polo menos. Eu (léase distinto de EEUU), somentes tardei quince minutos, e ademais con sono. ¿Qué teorías sería quen de sacar nun momento de concentración pura? Como diría meu pai neste momento e o meu respecto, "a ignorancia é moi atrevida".
boa incorporación persoas, e ánimo, que soio quedan cinco días pró sábado!
terça-feira, setembro 02, 2008
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
SOIO CHUCK
As bágoas de Chuck Norris curan o cancro. É unha mágoa que non chorara nunca.
Chuck Norris pode gañar o xogo Conecta 4 en soio 3 mobementos.
Os dinosaurios miraron mal a Chuck Norris unha vez. UNHA VEZ.
Chuck Norris contou ata o infinito… dúas veces.
Chuck Norris morreu fai dez anos, soio que A Morte non foi quen de dicirllo.
A principal exportación de Chuck Norris é a dor.
Se lle preguntas a Chuck Norris que hora é, sempre responde “Faltan dous segundos”. Despois de preguntarlle “¿Dous segundos pra que?”, pégache unha patada xiratoria na faciana.
Chuck Norris pode pechar dun golpe unha porta xiratoria.
Chuck Norris pode dividir entre cero.
Chuck Norris pode queimar unha formiga cunha lupa... de noite.
Chuck Norris comeu unha vez unha tarta enteira antes de que os seus amigos lle poideran dicir que había unha bailarina dentro.

Sem comentários:
Enviar um comentário