sábado, outubro 11, 2008

a miña vida é unha luita contra a miña vida interior

Sábado, 9.15 da mañá. A miña gorxa, mais que profunda, está taponada. Unha das miñas amígdalas deulle por parecerse a unha pelota de ping-pong; cóstame respirar, e xa nin te digo falar.

Comeza o carto día sen sair da casa, despértome, xeralmente porque me costa respirar, e semella que estou exactamente igual que o día anterior. Me cago en Ros. Segundo os meus cálculos hoxe xa estaría moito millor...

Queda atrás pois un libro rematado: Gog de Giovanni Papini, que non me deixou indiferente. E un moi longo (600 páxinas edición de bolsillo= pra deixarse a vista)que acabo de comezar e que me está a sorprender e gustar muito: Los detectives Salvajes de Roberto Bolaño (se falo do autor) ou de Marta Lapo (se falo da propietaria da edición). Deste home xa lera "llamadas telefónicas" e o certo é que houbo historias deste libro que me pareceron merecedoras dunha novela propia. Estoume tornando a súa fan. Decididamente.

O resto da xente do piso durme, coma é normal un sábado pola mañá. Xa se sabe, a xente sae pola noite, vai de ceas, ou simplemente descansa o que non descansou en toda a semana. Eu, sopa, pastilla e cama. Así dende o mércores. Seguirei co meu traballo "Estudio del potencial tsunamigénico del deslizamiento BIG'95" e se mañá cando me erga, estou igual, buscarei un xeito de construir unha guillotina.

bicos infectados,

R.

Nina está no Vietnam e temos a Pauli (tamén denigrante e futura fotógrafa profesional) na súa alcoba. Faime tódo-los días o xantar. Xa bo é.

3 comentários:

Anónimo disse...

Pobre Lolito...

Anónimo disse...

troki!!! encantame o teu blog, menos mal que existe internet para que podas expresarte, levo dez minutos rindo en alto, o meu xefe vaime votar por tola (e que?), foi a sarinha quen meu deu a tua adresse, segue escribindo, a min ghustame....ponte boa, ti poderas ganhar a loita contra os xermes.........bicos!!!

Anónimo disse...

a! son a miri!

SOIO CHUCK

As bágoas de Chuck Norris curan o cancro. É unha mágoa que non chorara nunca.

Chuck Norris pode gañar o xogo Conecta 4 en soio 3 mobementos.

Os dinosaurios miraron mal a Chuck Norris unha vez. UNHA VEZ.

Chuck Norris contou ata o infinito… dúas veces.

Chuck Norris morreu fai dez anos, soio que A Morte non foi quen de dicirllo.

A principal exportación de Chuck Norris é a dor.

Se lle preguntas a Chuck Norris que hora é, sempre responde “Faltan dous segundos”. Despois de preguntarlle “¿Dous segundos pra que?”, pégache unha patada xiratoria na faciana.

Chuck Norris pode pechar dun golpe unha porta xiratoria.

Chuck Norris pode dividir entre cero.

Chuck Norris pode queimar unha formiga cunha lupa... de noite.

Chuck Norris comeu unha vez unha tarta enteira antes de que os seus amigos lle poideran dicir que había unha bailarina dentro.