sexta-feira, setembro 07, 2007


Barcelona. 10.58 da mornig dun por-fin-é-venres 7 de setembro do 2007. O día espertouse coas obras do edificio do lado, a golpe de martillo e vigas caendo, unha demolición en toda regra. Acompañou tamén a este inicio de xornada unha acidez de estómago e dor de cabeza moi propia dos que trasnoitan a vérpera, e porque non dicilo, dos que beben un pouco máis do alcohol permitido pola semán. Pero que se lle vai facer, son cousas do directo. Dentro de 7 horas empeza o fin de semana, onde todo está permitido e as obligacións limítanse a non molestar os veciños e non esquecerse de sacar a roupa da lavadora.
Miro pola fiestra pero unha cortina convirte a vista nun montón de manchas borrosas, quitáronme o Tividavo. Espero que o apartar o telamen non apareza por arte de maxia a Torre de Hércules. Non vos estrañedes, cousas peores se viron.
Mentiría se dixera que todo vai bem, o certo é que hai algunhas nubes negras no horizonte; o típico momento no que se recurre a esa frase tan famosa: cando veñen, veñen todas xuntas. Soio funciona pro malo; o bo, ven pouco a pouco, quizabes así se disfrute mais. A natureza é sabia, pero eu tamén, e as veces, consigo non pensar. A tarefa de hoxe é poñer a punto todos os arquivos do computador; un día facendo probas empezas a poñerlles nomes como kk1, kk2, kk3. Ese día todo é moi doado, pero cando pasas mes e medio sen miralos, o volver non lembras que carallo era aquilo, e agora, toca revisalo todo, e velaquí a miña estratexa pra non pensar, o mecanicismo do traballo, a alienación marxista, a pérdida de autonomía, o meu medicamento mental.
Bo fin de semán e adiola radiola!
roki

Sem comentários:

SOIO CHUCK

As bágoas de Chuck Norris curan o cancro. É unha mágoa que non chorara nunca.

Chuck Norris pode gañar o xogo Conecta 4 en soio 3 mobementos.

Os dinosaurios miraron mal a Chuck Norris unha vez. UNHA VEZ.

Chuck Norris contou ata o infinito… dúas veces.

Chuck Norris morreu fai dez anos, soio que A Morte non foi quen de dicirllo.

A principal exportación de Chuck Norris é a dor.

Se lle preguntas a Chuck Norris que hora é, sempre responde “Faltan dous segundos”. Despois de preguntarlle “¿Dous segundos pra que?”, pégache unha patada xiratoria na faciana.

Chuck Norris pode pechar dun golpe unha porta xiratoria.

Chuck Norris pode dividir entre cero.

Chuck Norris pode queimar unha formiga cunha lupa... de noite.

Chuck Norris comeu unha vez unha tarta enteira antes de que os seus amigos lle poideran dicir que había unha bailarina dentro.